Con motivo da celebración da festa do San Victorio o día 14 de Maio en Damil, Casa Varela achega unha pequena exposición de cadros de pintores locais sobre a capela do santo e o seu fermoso entorno. Os autores das obras son: Marina López Cruz (Damil), Ramón Fernández Campos (Saavedra) e José López Soto (Muras). A exposición poderase visitar durante os próximos dous meses no horario habitual de Casa Varela.