Casa Varela
Contacto

Non hai produtos no carriño.

sobre nós

Casa Varela

Restaurante Casa Varela é unha casa de comidas, taberna e estanco, rexentada actualmente pola terceira xeración da familia “Varela".

Familia

Enclavados nunha área eminentemente rural, empregamos materias primas propias ou de productores e distribuidores da zona para as nosas elaboracións, así como traballadores da familia e do entorno. Atopámonos nunha zona de paso entre Vilalba-Rábade-Lugo, e preto de capitais como Lugo(15 min), Vilalba (15 min) ou A Coruña (40 min). A nosa situación xeográfica tamén nos permite recibir visitantes que se achegan a visitar os lugares con valor natural, patrimonial ou relixioso da zona, como poden ser as Lagoas de Riocaldo e de Cospeito, Penas de Rodas, Belén electrónico de Begonte no Nadal etc. e sobre todo, o santuario da Virxe dos Milagros de Saavedra. Asimesmo, a nosa Casa tamén serve como atractivo para que multitude de xente visite o entorno, xa que son moitas as persoas que coñecen Damil e Saavedra por mor da boa oferta gastronómica que ofrecen os locais da zona, entre os que destaca Casa Varela. Participamos en diversas iniciativas que intentan por en valor a oferta turística e gastronómica da nosa comarca, entre as que podemos destacar o Concurso de Tapas do Concello de Begonte, de grande éxito e relevancia, convertídonse nun dos máis importantes da provincia en canto afluencia e calidade gastronómica, ademáis de recibir ano tras ano o recoñecemento dos participantes xa que resultamos gañadores en catro edicións. Estes traballos culinarios, máis innovadores, aproveitámolos para introducir as tapas gañadoras na nosa carta en formato prato-ración.

A madriña Maruja e o padriño Ramón, fundadores de Casa Varela
A madriña Maruja con clientes na cociña

 

A base do noso negocio familiar é a cociña tradicional da zona. Seguimos empregando a típica cociña de leña “bilbaína” para elaborar gran parte dos platos que ofertamos na carta. As materías primas que utilizamos siguen a mesma línea, intentando potenciar na medida do posible o comercio e consumo local, facendo a gran maioria de compra a autónomos e pequenas empresas da zona: criadores de carne (porco, cordeiro, terneira, polo, coello…), productores e vendedores de legumes, froitas, hortalizas, leite, combustibles, obras e reformas, artesáns, reparacións e mantementos de maquinaria, etc .

Ana e Dani diante de Casa Varela
Ana, recordos do ultramarinos
Ana e unha compañeria na antiga cociña
Fai uns anos...

Tradicional punto de encontro dos veciños durante décadas, tamén organizamos, promovemos e colaboramos con diversas iniciativas que buscan a dinamización social, cultural, deportiva e turística do pobo e da comarca (Campionato de Tute, Liga de Tute Hostelería de Begonte, actuacións en directo, festas infantís, Xornadas Gastronómicas, exposicións artísticas, axudas para eventos culturais e lúdicos da contorna, colaboracións con equipos e asociacións deportivas da zona, difusión dos puntos de interese da comarca e provincia, etc).

In Memoriam
Marina, co premio gastronómico "Toda unha vida"

Reservar mesa

Vostede non engadiu OpenTable ID