Co inverno xa totalmente instalado, é cando apetece desfrutar deste prato cheo de sabor e tradición. O cocido galego é algo máis que un prato típico, aínda que en aperiencia os ingredientes e a forma de elaboralo son sinxelos, a realidade é que o cocido é un prato que require moito tempo e coñecementos para que o resultado sexa óptimo. Por este motivo, invitámosvos a compartir connosco estes Xornadas do Cocido 2024.
¿Onde comer cocido en Lugo?: En Casa Varela
Esta é unha das preguntas que máis se repite durante o inverno en todos os lugares de Galicia, onde o cocido representa algo máis que unha simple mestura de ingredientes e a provincia de Lugo non é unha excepción.
Se buscas un lugar para comer un cocido en Lugo, un auténtico cocido con toda a tradición, en Casa Varela podes facelo durante todas as fins de semana do mes de febreiro, ou calqueira outro día se nos avisas con 3 días de antelación. O noso restaurante temos o recoñecemento de ser unha das mellores opcións para comer cocido en Lugo. Este recoñecemento vén dado pola calidade de cada ingrediente, o certo é que todas as materias primas que utilizamos son propias ou de produtores e distribuidores da zona. En Casa Varela coidamos cada detalle para poder ofrecer aos seus comensais unha experiencia especial. O ambiente cálido e familiar e a cociña tradicional da zona son as claves do noso restaurante.
¿Qué fai especial ó noso cocido?
En Casa Varela o que fai especial o noso cocido vai máis alá da receita. O segredo é a selección de ingredientes frescos e locais, desde carnes ata verduras e legumes, a nosa atención ao detalle en cada fase de elaboración e respecto pola tradición culinaria galega é o que distingue o noso cocido e fai que centos de persoas cada ano decidan vir a Casa Varela.
Prefires comelo na casa? Este ano, como novidade, ofrecémosvos a posibilidade de que poidades recoller o voso cocido e desfrutalo con toda a familia.
Por iso, en Casa Varela cada bocado é sinónimo de tradición galega. A nosa clave é facelo todo tan ben como o primeiro día. Vive a tradición culinaria galega e se buscas comer cocido en Lugo, Casa Varela é a mellor opción. Chama agora e reserva o teu cocido!